Cualificación dunha sociedade de nova constitución

Solicitar a cualificación como sociedade laboral no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais, achegando:

  1. Solicitude.
  2. Copia autorizada e copia simple da escritura pública de constitución.
  3. Xustificante de pago da Taxa por servizos administrativos.

Cualificación dunha sociedade preexistente como laboral

Solicitar a cualificación como sociedade laboral no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais, achegando:

  1. Solicitude.
  2. Copia autorizada e copia simple da escritura pública de constitución.
  3. Copia autorizada e copia simple das escrituras públicas de modificación de estatutos, de ser o caso.
  4. Certificación literal do Rexistro Mercantil dos asentos vixentes da entidade.
  5. Certificacións do acordo da xunta xeral, favorable á cualificación de sociedade laboral, e da titularidade do capital social resultante do libro rexistro de accións nominativas ou de socios correspondentes.
  6. Copia autorizada e simple da escritura, pola que se eleve a público o acordo da xunta xeral e as modificacións dos estatutos que fosen precisas para adaptarse á Lei de Sociedades Laborais.
  7. Documentos acreditativos de cotizacións á seguridade social dos socios traballadores e asalariados.
  8. Xustificante de pago da Taxa por servizos administrativos.

Descualificación dunha sociedade laboral

Solicitar a descualificación da sociedade como laboral no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais, achegando:

  1. Solicitude.
  2. Copia autorizada e copia simple da escritura pública de transformación ou disolución da sociedade.
  3. Xustificante de pago da Taxa por servizos administrativos.

Modificación de estatutos dunha sociedade laboral

Solicitar a declaración de que a modificación de estatutos da sociedade non afeecta a súa cualificación como laboral, e/ou a inscrición do cambio de domicilio social, no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais, achegando:

  1. Solicitude.
  2. Copia autorizada e copia simple da escritura pública de modificación de estatutos da sociedade.
  3. Xustificante de pago da Taxa por servizos administrativos.

Comunicación da transmisión de accións ou participacións sociais

Comunicar a transmisión de accións ou participacións sociais ao Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais, achegando:

  1. Comunicación.
  2. Certificación dos asentos practicados no libro-rexistro de accións nominativas ou no libro de socios

Prazo para comunicación: Dentro dos tres primeiros meses do exercicio económico as transmisións realizadas no exercicio inmediatamente anterior, agás que se transgredan os límites de posesión previstos legalmente ( art. 1.2. a) e b) da Lei 44/2015, do 14 de outubro, de Sociedades Laborais e Participadas ), en que se deberá comunicar no prazo de un mes desde que se hobuera practicado o asento que o poña de manifesto, así como a súa subsanación en igual prazo desde que se practique aquel polo que se establezan os límites legais.